É moi importante sempre unha Modificación do estilo de vida:
● Control de peso
● Actividade física regular e adaptada a cada persoa
● Elevación de membros inferiores adaptada á situación de cada paciente
● Adecuada hidratación e hixiene
● Evitar fontes de calor
Se é necesario o tratamento, a atención clínica centrarase en:
● Terapia compresiva: consiste na aplicación de compresión na extremidade inferior xa sexa, de maneira estática (medias de compresión ou vendaxes) ou dinámica (bombas de compresión pneumática)
● Terapia desconxestiva : medias de compresión ortopédicas, vendaxe, drenaxe linfático manual.
● Tratamento fármacológico: Non debe exporse o tratamento farmacolóxico sen antes insistir en cambios no estilo de vida e no tratamento compresivo.