É o tratamento máis aceptado a nivel internacional econsta de varios elementos:
● Drenaxe Linfático Manual (DLM)
● Vendaxe multicapas
● Presoterapia (opcional)
● Prendas de compresión
● Coidados dérmicos
● Exercicios desconxestivos
● Formación en auto-coidados básicos
● Primeira fase de tratamento intensivo: O obxectivo é a diminución do edema.
● Segunda fase de tratamento de mantemento: O obxectivo é manter os resultados obtidos na fase intensiva.
1ª FASE: “FASE INTENSIVA” inclúe:
Sempre:
● Coidados dérmicos
● Exercicios desconxestivos
● Formación en auto-coidados básicos
Para un edema de menos do 20% (edema leve):
● Drenaxe Linfático manual (DLM)
● Presoterapia (opcional)
Para un edema de máis do 20% (edema moderado e grave):
● Drenaxe Linfático manual (DLM)
● Vendaxe compresivo Multicapa
● Presoterapia secuencial intermitente (opcional)
En que consiste?
Sesións diarias de drenaxe manual, de presoterapia secuencial intermitente (opcional) e para a confección da vendaxe multicapa. A vendaxe lévase durante 24 horas seguidas (se é posible) e retírase na consulta de fisioterapia antes da seguinte sesión.
Canto dura?
En membro superior de 2 – 3 semanas e en membro inferior de 3 – 4 semanas. Segundo o estado de gravidade do Linfedema, podería necesitar varias semanas máis para obter un resultado óptimo. Ocasionalmente será necesario repetila, se o Linfedema aumentase novamente de modo considerable.
2ª FASE: ”FASE DE MANTEMENTO” inclúe:
● Coidados dérmicos
● Exercicios desconxestivos
● Formación en auto-coidados básicos
● Drenaxe Linfático Manual (DLM)
● Presoterapia secuencial intermitente (opcional)
● Prendas de contención
En que consiste?
As sesións de DLM están entre 3, 2 ou 1 por semana (ao mes), dependendo do caso. Faranse de modo sistemático controis de membro/s afectado/s.
Como complemento é importante empregar “manguitos ou medias compresivas”. Revisións médicas cada 6 meses con cambio de medias como marcan os protocolos internacionais e o catálogo ortoprotésico estatal e autonómico
Canto dura?
É indefinida no tempo. O Linfedema é unha enfermidade crónica e responde de forma diferente segundo cada persoa.