É unha afección médica crónica caracterizada por unha acumulación simétrica de tecido adiposo (graxa) nas pernas e ás veces nos brazos, pero deixando intactas mans e pes. Pode ir acompañado dunha textura inhabitual dentro da graxa que pode sentirse como arroz, chícharos ou noces baixo a superficie da pel.
As persoas afectadas adoitan presentar siluetas descompensadas nas que as extremidades inferiores son máis grosas que o resto do corpo, sen existir, en moitas ocasións, diferenza entre nocello, xeonllo e coxa. Non se trata de Obesidade ou celulite, aínda que é frecuente confundilo, debido a que non responde tanto a dietas convencionais nin exercicio.