Anastomose linfovenosa
Consiste en derivar vasos linfáticos a venas superficiais para facilitar o retorno da linfa ao sangue. Para iso necesítase de canles linfáticos activos. Isto conséguese mediante técnicas de supramicrocirurxía, suturando vasos de menos de 0.5 mm. Está indicada na profilaxe e tratamento precoz do linfedema. Necesítase que existan vasos linfáticos de entidade suficiente e que estean sans.
Transplante de ganglios linfáticos
Consiste en coller ganglios dunha zona na que “sobren” e transportalos á zona onde foron extirpados. Transplántanse os ganglios, a graxa e a pel coas arterias e venas que os nutren. É unha técnica de microcirurxía altamente especializada que debe ser realizada por profesionais con experiencia. Está especialmente indicada no caso de cicatrices retráctiles e na reconstrución mixta da mama e do sistema linfático.
Técnica específica de lipoaspiración linfática selectiva
Para retirar a fibrose e a graxa depositada, cando a linfa estivo extravasada moito tempo. Está indicada en linfedemas de moi longa evolución, onde existen estes depósitos. Estas técnicas, de forma independente ou combinada, conseguen mellorar a calidade de vida de pacientes con linfedema.
A profilaxe pódese realizar?
O obxectivo é minimizar a probabilidade de linfedema tras a realización dunha linfadenectomía axilar ou inguinal ou ben as biopsias selectivas de ganglio sentinela (BSGC). No caso das BSGC, realizarase ao mesmo tempo, a tinguidura con verde de indocianina dos ganglios da extremidade. Se o ganglio sentinela que se vai a extirpar, é tamén un ganglio sentinela da extremidade, realízase unha ALV. No caso das linfadenectomías, realizarase unha ou varias ALV no mesmo campo cirúrxico, derivando así a linfa ao sistema venoso. Tamén se pode realizar a profilaxe nos primeiros meses tras a cirurxía e unha vez rematado o tratamento que axuda, se houbese.
O tratamento cirúrxico do linfedema pode dividirse en dous grupos: as técnicas reconstrutivas ou fisiolóxicas que se enfocan na restitución funcional do sistema linfático danado e as técnicas ablativas ou redutoras, que se dirixen á redución do volume mediante a resección do tecido cutáneo-adiposo hipertrofiado.
É importante recordar que, según os estudios realizados previamente por profesionales cualificados, haberá que valorar que pacientes poden acceder ao tratamento cirúrxico e que pacientes sólo necesitan o tratamento conservador con fisioterapia.