Endolaser: Unha fibra óptica láser delgada insérese a través dun catéter na vea safena. A enerxía do láser entrégase a través da punta que destrúe a porción enferma da vea.
Stripping (safenecetomía cirúrxica clásica) é a técnica clásica para a intervención de varices. Consiste na extirpación completa da safena, utilizando un catéter chamado fleboestractor, unha vez desconectada na íngua da vea femoral e no nocello da safena distal. Realízase con anestesia xeral ou epidural, sendo necesario que o paciente permaneza hospitalizado normalmente un día.
A cirurxía hemodinámica da insuficiencia venosa ambulatoria (CHIVA): É unha cirurxía moito menos traumática que a convencional (stripping). Representa un enfoque fisiolóxico para o tratamento cirúrxico das varices a través da ecografía.
Escleroterapia: consiste en inxectar unha solución química dentro da vea que produce unha inflamación e obstrución da vea coa posterior desaparición da rede venosa.