A insuficiencia venosa crónica (IVC) é unha condición que ocorre cando as válvulas venosas das pernas non están a funcionar con eficacia ou cando hai unha obstrución da drenaxe venoso polo que é difícil que o sangue regrese ao corazón facendo que o sangue se acumule nas veas (estasis).
Basicamente é unha situación de dificultade para o retorno venoso, independentemente da postura e da actividade.
A prevalencia está entre o 50 e o 70% (mulleres 63-64%, e homes do 36-37%).
Existe un notable incremento de prevalencia de signos e síntomas de IVC polo envellecemento da poboación.
Estadios da IVC
Estadio 1. Aumento do relevo e maior coloración nas veas, aparecen varices. O paciente non adoita presentar molestias.
Estadio 2. Dor intensa, pesadez ou cambras nas pernas, picazón e hormigueo, dor que empeora ao pararse, dor que mellora ao levantar as pernas e hinchazón nelas. Normalmente estes síntomas nótanse máis en épocas de calor ou en situacións de permanencia prolongada de bipedestación e agrávase durante o embarazo. Prodúcese o edema, que se agudiza sobre todo pola tarde e que mellora co descanso nocturno. Tamén se produce dano tisular potenciando a sensación dolorosa.
Estadio 3. Manifestacións dermatolóxicas: pigmentación pardo negruzca no maleolo, alteración dos capilares, proído e atrofia na pel.
Estadio 4. Presenza de úlcera varicosa que normalmente adoita supurar tecido patolóxico. Para a súa curación aconséllase unha vendaxe compresivo forte, drenaxe e unha limpeza exhaustiva da ferida.
Síntomas
● Hinchazón nas pernas e os nocellos, especialmente despois de longos períodos de pé.
● Dor inespecífico e/ou cansazo nas pernas.
● Varices, varículas, cambras .
● Sensación de cosquilleo, calor ou frío.
● Eccema / Dermatite de estasis.
● Edemas no membro afecto.
● Descamación ou picazón da pel nas pernas ou os pés.
● Úlceras.
● Cambio na coloración cutánea. É característica a coloración azul agrisada ou amarronada.
Factores de risco para a insuficiencia venosa crónica
● A trombose venosa profunda (TVP)
● A hipertensión venosa é determinante no desenvolvemento da IVC
● As veas varicosas ou antecedentes familiares de varices
● A vida sedentaria
● Antecedentes familiares
● Obesidade e/ou sobrepeso
● Embarazo
● Tabaco
● Os períodos prolongados de pé ou sentado
● O sexo feminino
● Idade máis de 50
Cómo se diagnostica a IVC?
A valoración dende Atención primaria, debe estar encamiñada a:
● Definir o tipo de enfermidade venosa
● Estadio evolutivo
● Descartar outras etioloxías posibles
● Establecer o grao de discapacidade e de afectación na calidade de vida.
1º Anamnesis; é dicir, revisar o historial médico do/a paciente.
2º Exploración Física:
● Valoración co/a paciente de pé
● Exploración da mobilidade e a marcha
● Palpación de pulsos arteriais, que debe ser constante xunto coa medición da presión arterial, e buscar datos de complicacións ou neuropatía.
● Ecografía doppler
Probas complementarias:
Ultrasonografía doppler: Combina a ecografía (que nos permite ver a anatomía do sistema venoso), co doppler (que nos dá información da velocidade e dirección do fluxo).
Plestimografía: Mide o volume basal de sangue venosa nos membros inferiores.